Fraternidad-Muprespa COABOROU COA TGSS DE BARCELONA NA DIFUSIÓN DE SERVIZOS POR SMS
Fraternidad-Muprespa mantivo unha reunión o pasado 6 de marzo coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na que participaron Dona Marta Brull Varó, Xefe de Sección de Administración Electrónica da Dirección Provincial da TGSS de Barcelona,Don Albert Farrús Ramel, adscrito á Dirección Provincial de Fraternidad-Muprespa e Don Jordi Batalla Canyelles, Director Provincial de Fraternidad-Muprespa de Barcelona.
Neste evento deseñaron e planificaron as accións de apoio de Fraternidad-Muprespa para as campañas da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en Barcelona.
A colaboración comezará coa difusión de información relacionada co “Novo acceso aos Servizos vía SMS na Sede Electrónica da Seguridade Social”. Con este innovador servizo da TGSS, cidadáns e empresas teñen a opción de consultar en liña, entre outros, os seguintes informes:
- Informe específico de rexistro laboral.
- Informe de bases de cotización.
- Informe da situación de cotización/débeda dos traballadores.
- Informe de vida laboral.
- Informe Individual da Situación do Emprendedor.
Esta información estará a disposición dos usuarios, profesionais e empresas en forma de folletos nos centros sanitarios e administrativos Fraternidad-Muprespa da provincia de Barcelona.
A seguinte actuación prevista é a celebración dunha xornada informativa sobre o sistema NOTESS, dirixida especificamente a empresas e colaboradores de Fratenidad-Muprespa.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
