Fraternidad-Muprespa ASINOU O II PLAN DE IGUALDADE PARA O PERÍODO 2015-2017
O 9 de decembro, a Dirección de Fraternidad-Muprespa, renovou o seu compromiso de establecer e desenvolver accións para a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, mediante a sinatura do II Plan de Igualdade de Fraternidad-Muprespa para o período 2015-2017.
Mediante este compromiso mantense o cumprimento da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, da LOIEMH, na que tamén se inclúen as Seccións Sindicais de CC.OO. e UGT, que participaron na súa elaboración.
No ano 2011 púxose en marcha o I Plan de Igualdade Fraternidad-Muprespa, marco de actuación da nosa Entidade nesta materia, para o período 2011-2013.
Finalizado o seu período de vixencia e tras a avaliación dos resultados obtidos, considerouse necesario elaborar un novo Plan, que dea continuidade ao primeiro e manteña actuacións xa executadas e avances noutras melloras de igualdade e conciliación para a Mutua.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
