
FRATERNIDAD-MUPRESPA APOSTA POLO TALENTO E A EXPERIENCIA DE ESTEBAN MATE DE MIGUEL COMO NOVO SUBDIRECTOR XERAL DE XESTIÓN
Fraternidad-Muprespa nomeou a Esteban Mate de Miguel como subdirector xeral de Xestión. Mate de Miguel desenvolveu a súa carreira profesional primeiro en DMR Consulting (Everis) como xefe de proxecto de Business Intelligence. Posteriormente en 2003, inicia a súa carreira profesional en Fraternidad-Muprespa e pasa por diferentes postos de responsabilidade, ata o seu último cargo como director de Organización e Planificación, o cal abandonou para formar parte do Comité de Dirección da Entidade, no primeiro nivel de responsabilidade.
Esteban Mate é licenciado en Físicas pola Universidade Autónoma de Madrid, cursou o máster en Dirección Estratéxica e Xestión da Innovación pola Universidade Carlos III de Madrid, o posgrao en Xestión do Coñecemento na Universitat Oberta de Catalunya e un curso superior en Intelixencia de Negocio da EOI, entre outros. Na súa traxectoria profesional, a pesar da súa xuventude, 40 anos, liderou un dos grandes proxectos da Mutua, o Plan Estratéxico Corporativo, base da nova filosofía e forma de traballo de Fraternidad-Muprespa, o que lle proporciona unha visión global da entidade e que lle permitirá ademais promover e manter a xestión, tanto das prestacións económicas coma da parte sanitaria da Mutua.
O nomeamento de Esteban Mate de Miguel é froito da confianza que a entidade depositou nel ao recoñecer o seu mérito e formación; deste xeito valórase a aposta polo talento interno, a profesionalidade e a experiencia malia a súa xuventude.
Organigrama de Fraternidad-Muprespa

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"