A EMPRESA CORREOS ASOCIADA A Fraternidad-Muprespa OBTÉN A CERTIFICACIÓN DE EMPRESA SAUDABLE

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Correos, empresa asociada á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social,Fraternidad-Muprespa recibiu de mans de Applus+, a primeira empresa multinacional de certificación, inspección e probas de España, a certificación de Empresa saudable, que ten unha vixencia de tres anos e se supervisa anualmente.

Esta certificación recoñece e diferencia ás empresas comprometidas coa seguridade, o benestar e a saúde dos traballadores, como Correo, que é a primeira empresa pública que a conseguiu en España.

O director de Recursos Humanos,D. Luis Pérez Capitán, recibiu a certificación en representación de Correos.

Un ambiente de traballo saudable é aquel no que todos os traballadores colaboran na mellora continua para promover e protexer a saúde, a seguridade e o benestar da empresa, garantindo o cumprimento da normativa ambiental e de calidade.

Como empresa segura, saudable e sostible, tamén debe cumprir a lei en Prevención de Riscos Laborais, xestionando a saúde dos traballadores desde un enfoque integral e considerando a saúde en todas as políticas da empresa.

Dende Fraternidad-Muprespa damos a Correos a nosa máis sincera felicitación polo certificado obtido.


"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
Que che pareceu este contido?