
FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA DE PREVENCIÓN EN ZARAGOZA
A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa realizou o pasado 23 de febreiro unha sesión divulgativa sobre “A educación preventiva para evitar o sobreesforzo”.
D. José Luis Fernández Medina, técnico de Prevención de Riscos Laborais da Mutua expuxo con claridade e en profundidade o concepto do risco específico, así como as medidas preventivas e correctoras para desenvolver no traballo co fin de evitar os sobreesforzos.
A sesión estaba composta por responsables de prevención, xestión, mandos intermedios e por traballadores de diferentes empresas asociadas a Fraternidad-Muprespa. O grupo de asistentes mostrou grande interese e participación.
Ao finalizar, xerouse un animado debate no que participaron Dª Eva Ramón Arbués, directora provincial de Zaragoza de Fraternidad-Muprespa, e as asesoras técnicas, Dª Belén Lázaro Valero e Olga Moreno Acero.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"