FRATERNIDAD-MUPRESPA ORGANIZOU EN ARRECIFE UN ACTO SOBRE O RÉXIME DO TRABALLADOR AUTÓNOMO

Recensión de xornada
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 9 de marzo, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa realizou en Arrecife (Lanzarote) unha xornada informativa sobre o "Réxime profesional e protección social do traballador autónomo”.

D. Pedro M. Figueras Alfonso, director da Delegación de Arrecife, inaugurou o acto agradecendo a todos os asistentes a súa presenza.

A continuación interveu D. Miguel Ysasi Alfaro, coordinador territorial técnico da Dirección Territorial Sur da Mutua, quen destacou a importancia que ten o colectivo de traballadores autónomos para Fraternidad-Muprespa e desenvolveu un interesante relatorio, no que expuxo as modificacións máis interesantes dentro do marco lexislativo que afectan ao traballador autónomo e clarificou a evolución lexislativa, os matices en canto á interpretación e aplicación da lei, ademais do seu alcance e efectos sobre o colectivo de autónomos.

Unha vez finalizado o relatorio, xerouse un interesante coloquio entre os asistentes e propuxéronse diferentes temáticas de interese para posteriores xornadas.



"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?