Actividades II Semana da Prevención en Almería

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Enmarcadas nas actividades da “ II Semana da Prevención”, os días 24 e 25 do presente mes, desenvolvéronse senllas xornadas de “Prevención nas aulas” na Dirección Provincial de Almería. Ambas as dúas xornadas desenvolvéronse baixo o mesmo contido.

A presentación correu a cargo de Matilde Góngora Martínez, directora provincial de Fraternidad-Muprespa de Almería, quen agradeceu a presenza dos colexios no noso centro e destacou a importancia de concienciar os alumnos dende idades temperás con conceptos tan importantes como seguridade ou prevención.

A primeira parte da xornada, consistente en riscos nos colexios, impartiuna Alfonso Gerez Miras, técnico de Prevención de Fraternidad-Muprespa, que interactuou cos alumnos facendo preguntas relacionadas cos riscos, perigos, sinalización de riscos existentes nos colexios.

Para esta primeira parte tamén colaborou un alumno do Máster en PRL da Universidade de Almería, que está a realizar practicas na nosa Mutua.

A continuación, Ginés Grima, traballador que sufriu un grave accidente no ano 2006 con consecuencias de amputación traumática do brazo dereito, explicou aos alumnos a importancia da prevención dende idades temperás e de como, a raíz do accidente, tivo a capacidade de superación necesaria para volver realizar todo tipo de actividades, sobre todo as deportivas, que os médicos que o trataban vían imposible.

Os alumnos tiveron a oportunidade de realizar todo tipo de preguntas e cuestións a Ginés Grima, que tivo o gusto de responder abertamente, ademais de ensinarlles a prótese biónica implantada no brazo dereito polos médicos de Fraternidad-Muprespa.

Por último, Mª Angeles Abad, responsable do servizo médico de Fraternidad-Muprespa en Almería, dedicou o último tramo da charla a falar cos alumnos da importancia de ter uns coñecementos básicos de primeiros auxilios, ademais de realizar cun boneco exercicios prácticos de reanimación cardiopulmonar.

O 24 de abril estivo presente o curso 6º de primaria do Centro Stella Maris, que practicamente encheron as 100 prazas da sala de cursos e mostraron unha participación moi activa.

Ao día seguinte, acompañáronnos o Centro de estudos Arcángel y Fátima, os alumnos asistentes eran de 5º e 6º curso de primaria, que igualmente demostraron unha curiosidade por parte da totalidade dos alumnos que intercambiaron as súas inquietudes cos catro relatores das xornadas.

Fraternidad-Muprespa quere agradecer profundamente a ambos os dous colexios que nos permitiran traballar e interactuar cos seus alumnos, xa que tanto alumnos coma profesores viron nestas xornadas unha nova vía de formación a temperás idades, co fin de construír futuras xeracións mais preparadas.

 

¿Te ha resultado útil?