AULA PREVENCIÓN, A OFERTA EDUCATIVA EN LIÑA PARA A PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

A Aula Prevención é a proposta en liña de Fraternidade-Muprespa para a prevención de accidentes de traballo. Cunha metodoloxía de aprendizaxe validada pola Universidade de Xirona, poñemos á súa disposición unha ampla oferta de máis de 50 módulos educativos accesibles sen necesidade de coñecementos informáticos.


Ana e Javier, os nosos titores virtuais, manterán a súa atención ao longo de toda a unidade  mediante preguntas, xogos e animacións; o que lle permitirá ademais de aprender, recordar mellor os contidos.


Unha vez que estea inscrito en Aula Prevención, vexa os cursos dispoñibles, acceda ao que máis lle interese, acenda os seus altofalantes e déixese asesorar por Ana e Javier. Eles avaliarán a súa actuación mediante preguntas ao longo do módulo e cun test final que deberá superar para obter a certificación de ter realizado a actividade.


Aula Prevención é de acceso privado e gratuíto para todos os traballadores protexidos por Fraternidade-Muprespa.
Ademais, se vostede é empresario asociado á nosa Mutua, pode utilizalo como a de apoio  á formación profesional para o emprego, vinculada á actividade da empresa, segundo se refire no artigo 23.3 do Estatuto dos Traballadores.
Para dispoñer de máis información sobre a nosa proposta educativa, o catálogo de cursos e como funcionan estes, poñemos á súa disposición unha demostración explicativa. Demostración Aula Prevención.
Estamos convencidos de que na nosa Aula Prevención lle resultará de grande axuda para evitar riscos no posto de traballo, e que Ana e Javier serán un magnífico apoio para vostede.

 

 

Aula de prevención

Enlace  
"A súa Mutua- Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
¿Te ha resultado útil?