Éxito na I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Na mañá de domingo do 23 de abril de 2017 tivo lugar a I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa  Ferrol. Tivo lugar no Parque Natural Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa que segue o curso do río Eume.

A ruta de sendeirismo circular, dunha lonxitude de aproximadamente 7 km de distancia, transcorre dende a central eléctrica de Ventureira, na Capela, chega ao mosteiro de Caaveiro e sube de novo á central pola beira do río Eume.

Ao acto acudiron tanto traballadores de diversas empresas asociadas á Mutua coma colaboradores, familiares e amig@s, aos que, dende a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa Delegación de Ferrol, queremos agradecer a súa participación.

Esta actividade encóntrase integrada entre os distintos actos que a Mutua realizará na Semana da Prevención, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo.

Baixo o lema "A meta é a túa Saúde", esperamos mobilizar o maior número de participantes que compartan a nosa convicción de que todas as lesións e enfermidades derivadas do traballo son evitables.

¿Te ha resultado útil?