FRATERNIDAD-MUPRESPA ADXUDICA Á UTE FERROVIAL AGROMAN-BANASA A CONSTRUCIÓN DO SEU NOVO HOSPITAL CENTRAL

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

A Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa, adxudicou as obras para a construción do novo Hospital Central, sito no paseo de la Habana, 83-85, á UTE Ferrovial Agroman-Banasa. Este será o único hospital do sector de mutuas no municipio de Madrid.

A UTE Ferrovial Agroman-Banasa,presentou a oferta máis vantaxosa e un proxecto enfocado á sostibilidade ambiental. O prazo de execución das obras é de 24 meses e o investimento será de máis de 30,4 millóns de euros.

O novo Hospital dispoñerá de 50 cuartos para hospitalización, rehabilitación, urxencias, 16 consultas, bloque cirúrxico con tres quirófanos e unha unidade de exploración por imaxe dotada coas últimas tecnoloxías en diagnóstico, que inclúe TAC, resonancia magnética, ecografía e radioloxía dixital. Ademais será pioneiro en eficiencia enerxética, polo que aspira a obter a certificación LEED PLATINO de acordo cos criterios do Green Building Certification Institute.

Ferrovial é un dos principais operadores globais de infraestruturas e xestores de servizos a cidades, comprometido co desenvolvemento de solucións sostibles. Esta compañía cotiza no IBEX 35 e forma parte de prestixiosos índices de sostibilidade como o Dow Jones Sustainability Index e FTSE4Good.

Dende Fraternidad-Muprespa cremos neste proxecto, apostando polas novas tecnoloxías, en prol de exercer a medicina e axudar aos nosos mutualistas a restablecer a súa saúde, á vez que velamos polo medio ambiente.



"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?