Fraternidad-Muprespa imparte charlas formativas no Colexio Padres Franciscanos de Lugo

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

O martes 25 de abril, e no marco dos actos organizados por Fraternidad-Muprespa, na celebración da Semana da prevención, impartiron dúas charlas para os alumnos do Colexio Padres Franciscanos de Lugo.

A xornada iniciouse cunha breve presentación por parte de José Luis Sánchez Jato, director provincial de Fraternidad-Muprespa en Lugo, quen comentou os obxectivos da campaña lanzada pola nosa Entidade para concienciar os profesores e alumnos de que a prevención de riscos laborais é unha materia pendente na nosa sociedade e que dende o colexio se debe iniciar o percorrido formativo para ter unha correcta concienciación e lograr, dentro do posible, a redución da sinistralidade laboral.

Dividiuse os alumnos en dous grupos segundo a súa  idade e o técnico superior de Prevención, Eduardo Lodeiro,  deu unha charla a un grupo de 60 alumnos de 11 anos sobre “A prevención dos riscos escolares” facendo unha analoxía entre o mundo laboral e o mundo educativo, onde o colexio é o centro de traballo e o alumno o traballador. Así mesmo, explicóuselles os riscos que existen no día a día na súa actividade escolar e como evitalos.

A continuación, e para un grupo de 30 alumnos, o doutor Luis Coira realizou un magnífico relatorio sobre primeiros auxilios adaptado a rapaces e rapazas de 15 anos de idade, para que perdan o medo a axudar ante accidentes e tivesen unhas nocións básicas de como actuar nestas situacións de emerxencia.

¿Te ha resultado útil?