Fraternidad-Muprespa participa nas XVI Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado martes 25 de abril tivo lugar a inauguración das “XVI Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde”, organizadas pola Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, foi o encargado, xunto coa presidenta da Asociación de Graduados Sociais de Ferrol, Pilar Millor, o decano da Facultade de Ciencias do Traballo e a Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toga, de dar comezo a este evento.

O xoves 27 de abril, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, participou co relatorio do director adxunto do Centro de Coordinación Asistencial de Fraternidad-Muprespa, o Dr. Fernando Mena Babiano, titulado “O absentismo na última década: perfil de grandes empresas”.

O Dr. Mena realizou unha interesante exposición sobre o absentismo por continxencias comúns de catro grandes empresas asociadas a Fraternidad-Muprespa, analizando como a crise económica influíu no perfil epidemiolóxico das súas baixas laborais e o custo que sofren por iso os traballadores, as empresas, a mutua e o propio sistema da Seguridade Social.

Para finalizar o relatorio, abriuse un interesante coloquio entre os asistentes e felicitou a organización ao Dr. Mena pola súa excelente exposición nun tema con tanta controversia e a Fraternidad -Muprespa pola colaboración prestada na organización das xornadas.

¿Te ha resultado útil?