
FUTURO HOSPITAL CENTRAL DE FRATERNIDAD-MUPRESPA REUNIÓN DIVULGATIVA CELEBRADA EN TORREJÓN DE ARDOZ
O pasado día 25 de novembro tivo lugar unha reunión divulgativa sobre o novo proxecto do Hospital Central de Madrid de Fraternidad-Muprespa.
O acto tivo lugar no centro asistencial de Torrejón de Ardoz de Fraternidad-Muprespa, que acolleu representantes do GRUPO ATISA (Asesores titulados, Atisa Broker correduría de seguros, S.L., Atisa systems and servicie e Atisa consultores).
A presentación correu a cargo do director da delegación de Torrejón de Ardoz, Juan Fraile, quen expuxo aos asistentes o novo proxecto do Hospital Central.
Posteriormente, abriuse unha mesa redonda na que os participantes, Jorge Molinero, director xeral do Grupo, María Jesús Ruiz, socia directora, Laura Blanco, adxunta á Dirección, Ignacio Samaniego, responsable de capital humano e desenvolvemento, e Stephan Escape, director comercial do Grupo, achegaron animadamente a súa visión acerca deste proxecto, valorando de forma moi positiva o noso interese por escoitar a súa opinión.
O noso hospital será un centro sanitario de referencia a ámbito nacional onde estarán implantados todos os estándares de calidade e onde o noso valor é o de apostar pola máxima calidade na atención ao asociado.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"