INAUGURACIÓN EN BILBAO DA EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN"

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 11 de xaneiro o Director Xerente da Mutua D. Carlos Aranda inaugurou en Bilbao a exposición "Traballo e Saúde: dende a protección á prevención". Esta é a terceira cidade por onde pasa esta mostra itinerante e estará alí ata o vindeiro 4 de febreiro no edificio Ensanche.

Destacamos a presenza da Secretaria de Estado de Emprego, Mª Luz Rodríguez coa presenza da conselleira vasca de emprego, Gemma Zabaleta e o Alcalde de Bilbao, Iñaki Azkuna, entre outros.

A Secretaría de Estado destacou que esta mostra reflexa "as conquistas históricas do movemento obreiro na loita diaria dos traballadores para que a vida e a saúde dos traballadores fosen tidas en conta no proceso produtivo".

A exposición organizada pola Fundación Largo Caballero, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo e Fraternidad Muprespa fai unha reflexión sobre a evolución das condicións de traballo e o coidado dos traballadores durante o último século.


Datos do evento:

Motivo: Inauguración en Bilbao da exposición "Traballo e Saúde: dende a protección á prevención".
Data: Dende o martes 11 de xaneiro de 2011, ata o venres 4 de febreiro de 2011
Lugar: Atrio Edificio Ensanche. Plaza Ensanche, 11 48009. Bilbao
Proximamente: Museo de León. Plaza de Santo Domingo, 8. 24002. León (7 de febreiro ao 20 de marzo)

Acceder EXPOTRABAJOYSALUD.ES
Ligazón Localización do evento
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
¿Te ha resultado útil?