
NATALIA FERNÁNDEZ LAVIADA, INVITADA AO ALMORZO DE TRABALLO DE AMPAGA
O pasado martes 26 de maio celebrouse un almorzo de traballo nas Instalacións do Club Financeiro de Vigo promovido por AMPAGA, o cal contou coa presenza de Dª. Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Organización e Rede de Fraternidad-Muprespa quen foi invitada de honra pola súa traxectoria e proxección empresarial.
Dª. Natalia Fernández Laviada realizou unha amena exposición sobre o seu percorrido profesional e sobre a importancia do papel da muller no tecido actual empresarial. Ao seu termo, xerouse un enriquecedor coloquio, no que se comentaron os aspectos máis interesantes do relatorio.
AMPAGA (Asociación de Mulleres Profesionais e Autónomas de Galicia) nace da iniciativa dun grupo activo de mulleres que buscan o traballo en común dirixido aos intereses das mulleres autónomas, o fomento do asociacionismo e a mellora na calidade da información e o asesoramento integral.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"