Atópase dispoñible para a súa descarga dende a Web de Fraternidad Muprespa unha nova versión do aplicativo PAT2003, utilizado para traballar cos correos do servizo ePAT e a xeración de remesas para os sistemas Delt@ e AOC.
Fraternidad Muprespa pon á súa disposición de xeito totalmente gratuíto o aplicativo PAT2003 completo para a súa descarga.
As melloras incluídas no programa PAT2003 son as seguintes:
Adaptación do novo formato de NIE, sendo formato válido de NIE aquel cuxa letra identificadora sexa X, Y ou Z.
Adaptación do novo formato de CIF, no que se inclúen para o novo formato as letras J, R, U, V e W , ademais das letras admitidas nas versións anteriores.