PRÓXIMA VISITA DE AUTORIDADES Á EXPOSICIÓN "TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN" SITUADA EN GRANADA

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Para o próximo día 5 de xullo está prevista a visita á exposición "Traballo e saúde. Dende a protección á prevención", instalada actualmente no Parque das Ciencias de Granada, de Maravillas Rojo, secretaria xeral de Emprego do Ministerio de Traballo e Inmigración e da directora xeral de Seguridade e Saúde no Traballo da Consellaría de Emprego da Xunta de Andalucía, Esther Azorit Jiménez.

Acompañará á visita Concepción Pascual Lizana, directora do INSHT, e o comisario da Exposición, Emilio Castejón, así como unha representación da mutua Fraternidad Muprespa, formada polo director territorial de Andalucía, Manuel Luque Berlanga, a directora de Prevención de AT e EP, Mª del Mar Morales, e o presidente e a directora da Fundación Francisco Largo Caballero, organizadores da mostra que percorrerá varias cidades españolas durante os próximos meses.

Tamén se visitará o Pavillón da Prevención instalado permanentemente no Parque das Ciencias e os organizadores asistirán á rolda de prensa convocada para o efecto.

A exposición foi inaugurada en Granada o pasado día 11 de maio. Clausurarase a finais do próximo mes de setembro nesta cidade para instalarse na cidade de Albacete.



Datos do evento:

Motivo: VISITA DE AUTORIDADES Á EXPOSICIÓN
Data: Luns, 5 de xullo de 2010.
Lugar: Avda. da Ciencia, s/n, 18006. Granada.

Descargar  Tríptico de presentación da exposición
Enlace Ir á Web do Parque das ciencias
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?