
Taller de primeiros auxilios organizado en Xaén por Fraternidad-Muprespa
O pasado 27 de abril, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, realizou en Xaén unha xornada denominada “Taller de primeiros auxilios” enmarcada na II Semana de Prevención que a nosa Entidade organizou en todo o territorio nacional.
O acto estivo dirixido principalmente a traballadores das nosas empresas mutualistas.
O director provincial de Fraternidad-Muprespa en Xaén, Ángel Gilabert, agradeceu a presenza a todos os asistentes e presentou a xornada facendo fincapé nos numerosos talleres e actos que a Mutua planificou en todo o territorio nacional e, máis concretamente, na provincia de Xaén.
A continuación, a DUE do centro asistencial da Mutua en Xaén, Guillermina Reig, desenvolveu o taller que xerou grande interese e participación por parte dos asistentes, os cales formularon preguntas que foron atendidas moi satisfactoriamente.
A xornada foi moi ben valorada por todos os presentes.