Porcentaxe legalmente establecida en función da cotización do traballador para calcular a cota que debe ingresar mensualmente na Tesouraría Xeral da Seguridade Social a empresa ou autónomo.
A nivel de empresa existen varios tipos de achegas:
-Continxencias comúns (23,60% a cargo da empresa e 4,70% a cargo do traballador).
-Continxencias profesionais (establecidas en función do risco da actividade incluída no CNAE e baixo a exclusiva responsabilidade da empresa).
-Horas extraordinarias, desemprego, formación profesional (gran parte a cargo da empresa e unha menor parte a cargo do traballador).
-FOGASA (responsabilidade exclusiva da empresa).
O traballador autónomo cotiza a razón de algo máis do 30% por todos os conceptos (común, continxencias profesionais, cesamento de actividade e formación profesional).
