AENOR

Asociación Española de Normalización. Entidade privada, independente e sen ánimo de lucro. É o organismo de normalización recoñecido en España, encargado do desenvolvemento de normas españolas (Normas UNE, Unha Norma Española). Tamén é entidade certificadora.
Foi creada por Orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de febreiro de 1986, de acordo co R.D. 1614/1985 e recoñecida como organismo de normalización e para actuar como entidade de certificación polo R.D. 2200/1995, en desenvolvemento da Lei 21/1992.