Resultados da enquisa do Día Mundial do Medio Ambiente

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 5 de xuño celebrabamos o Día Mundial do Medio Ambiente; con motivo deste día, puxemos á disposición dos nosos grupos de interese unha enquisa con sinxelas preguntas, que estivo dispoñible ata o pasado 26 de xuño.

Coa situación que estamos a vivir, aumentou de xeito exponencial o consumo de máscara e luvas, o que ameaza en converterse nun novo problema para o medio ambiente, polo que é fundamental realizar unha boa xestión; por iso, asaltábanos a dúbida de se a xente sabía realmente onde desbotar estes residuos.

O 82% dos enquisados afirman que “tanto as máscaras coma as luvas deben desbotarse do xeito adecuado, é dicir, no colector de restos.” O 13%, que o lugar de depósito é “no colector de plásticos”, mentres que un 9% afirma: “pódense tirar en ambos os dous colectores.”

Á vista dos resultados, congratúlanos ver como a maior parte dos enquisados ten claro onde eliminar estes produtos (colector de restos), a pesar de que nos queda moita marxe de mellora, dado que o 30% dos enquisados descoñece que as máscaras e as luvas dun só uso se deben depositar no colector de restos.

Seguindo con esa dinámica de segregación de residuos, preguntamos: “coñece vostede a información que o seu concello proporciona sobre a recollida de residuos: puntos limpos, recollida de material voluminoso, así como resolución de dúbidas?

O 63% dos enquisados afirman: “si, estou informado. Coñezo os horarios e os residuos que hei de levar ao punto limpo que proporciona a miña cidade.” O 31% responden: “algo, pero gustaríame ter máis información ao respecto”, mentres que un 6% manifestan abertamente que non realizan ningún tipo de reciclaxe.

Dende Fraternidad-Muprespa apostamos polo medio ambiente, e a reciclaxe é un dos piares do noso día a día; todos os centros da Mutua dispoñen de diferentes colectores para poder realizar unha correcta segregación, o que fai posible a reciclaxe. Unido ademais a unha política de concienciación medioambiental que nos permitiu a diminución en 5 toneladas os residuos non perigosos no último ano (*).

(*) Información dispoñible na memoria anual de Fraternidad-Muprespa.

 

Gráfico recollida de residuosGráfico reciclaxe máscaras e luvas
¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 2

You voted ‘up’