ATAM celebra o seu 50 aniversario co evento 'Futuro Singular'
ATAM, entidade social do Grupo Telefónica dedicada ao servizo e promoción da integración social das persoas con discapacidade e dependentes, celebra este ano o seu 50 aniversario cunha xornada que se centrará na análise do presente, pasado e futuro das entidades sociais.
Este evento, co título “ Futuro Singular: ciencia, tecnoloxía e humanismo” terá lugar o 25 de outubro en Kinépolis e a información está dispoñible na páxina web:https://futurosingular.com/e nela farase un profundo repaso do acadado polas entidades sociais nestas cinco décadas.
Os relatores, de primeira orde no ámbito científico, tecnolóxico, empresarial, académico ou social, centrarán a súa participación en campos como a biomedicina, a enxeñaría biomédica, a xenómica, a neurociencia, a intelixencia artificial ou a big data, co obxectivo de servir de escenario para a reflexión sobre como afecta a revolución tecnolóxica á vida das persoas maiores ou con discapacidade.
Partindo de que a tecnoloxía debe estar ao servizo da atención social, os expertos mostrarán os avances que permitirán manter as persoas na casa con seguridade, cun maior benestar.
ATAM naceu en1973, froito do traballo deun grupo de empregados de Telefónicaisobuscarabancrear unha entidade de axudapara os seus familiares con discapacidade. Actualmente é unha asociación xeneralista que aborda calquera causa de discapacidade, xa sexa física, intelectual, psíquica ou sensorial. De ámbito nacional, conta con socios e beneficiarios en todas as provincias españolas.Ignacio Aizpún É o seu director xeral, e recentemente conversamos con el para coñecer máis a fondo o proxecto da asociación e o seu traballo, así como as relacións de colaboración que mantén coa Mutua dende 2016. Ler entrevista