TIVO LUGAR EN NAVARRA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE REDUCIÓN DE COTIZACIÓNS POR DIMINUCIÓN DA SINISTRALIDADE LABORAL
O pasado día 3 de maio tivo lugar en Pamplona (Navarra) unha xornada informativa sobre o RD 404/2010, que regula a redución de cotizacións empresariais (bonus).
Ao acto asistiu un nutrido grupo de empresas de Navarra, coas que se mantivo un ameno coloquio sobre a norma.
A xornada tivo lugar na sede do Instituto Navarro de Saúde Laboral (INSL) a quen amablemente cedeu o seu salón de actos para a ocasión.
A presentación da xornada correu a cargo do director provincial de Navarra de Fraternidad Muprespa, D. José Ignacio Díaz; D.ª Mar Morales González, directora do Departamento de Prevención de AT e EP de Fraternidad Muprespa, foi a relatora que abordou o tema da xornada, a campaña Bonus 2010.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"