
A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA, EN COLABORACIÓN CO COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE ZAMORA E A SPFM, CELEBRARON UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE MOBILIDADE E SEGURIDADE VIAL
Onte xoves 5 de xullo, coincidindo coa inauguración da nova sede do Colexio de Graduados Sociais de Zamora e en colaboración coa Sociedad de Prevención de Fraternidad-Muprespa, celebrouse unha xornada informativa sobre Mobilidade e Seguridade Viaria.
A presentación do acto foi realizada por Dª. Carmen Rueda Hernández, directora provincial de Fraternidad-Muprespa en Zamora, quen agradeceu expresamente ao Colexio de Graduados Sociais a honra de ter inaugurado as súas instalacións con esta xornada e quen lles desexou o maior dos éxitos nas súas novas oficinas. Así mesmo, agradeceu a todos os presentes a súa asistencia, encadrando a xornada como un servizo engadido ao traballo que diariamente desenvolve Fraternidad-Muprespa e manifestando o interese por ser a mutua de referencia no sector.
A continuación, Dª. Olga Boyero, técnico superior de Prevención de Riscos Laborais de Fraternidad-Muprespa, realizou un relatorio no que expuxo os riscos inherentes á mobilidade, así como as pautas para a elaboración e implantación do plan de mobilidade nas empresas.
A clausura correu a cargo da Sociedad de Prevención de Fraternidad-Muprespa.
A xornada tivo unha grande afluencia de público superando a capacidade prevista.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"