Fraternidad-Muprespa DEU A EMPRESA SALMANTINA ENUSA O RECOÑECEMENTO DE BONIFICACIÓN
O 4 de xuño, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa y a empresa ENUSA, realizaron un acto institucional en Salamanca no marco das xornadas provinciais de entrega do Bono 2012. A entrega do diploma acreditativo realizouse nas instalacións que dita empresa ten na provincia de Salamanca.
Este recoñecemento outórgase ás empresas comprometidas coa redución da sinistralidade laboral e a prevención de riscos laborais, reguladas no Real decreto 404/2010.
D. Jacobo Baró Pazos, Director Territorial Noroeste de Fraternidad-Muprespa, destacou a especial implicación da empresa ENUSA na loita contra a sinistralidade laboral.
D. José María Escudero Bayón, responsable de Saúde Laboral de ENUSA, agradeceulle a mención e sinalou a estreita colaboración entre ENUSA e a Mutua.
Ao acto tamén asistiron D. Fernando Casado Espinosa, Director Provincial de Salamanca de Fraternidad-Muprespa,Sra. Olga Boyero de Deus, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e D. José Miguel López Calderero, Asesor Técnico da nosa Entidade.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"
