Aboamos 89,6 millóns para 76.000 autónomos pola prestación CATA.COVID19

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social n.º 275, tramitou e aboou a Prestación Especial por Cesamento de Actividade de 75.978 autónomos adheridos, por un importe total de 89.662.731,6 euros. Trátase da prestación extraordinaria para os traballadores por conta propia afectados pola declaración do estado de alarma decretado o pasado 14 de marzo pola pandemia da COVID-19.

Estas cifras axudan a mitigar o impacto económico da COVID-19 en 76.000 familias do noso país, que accederon a un salario medio mensual de 634 euros.

Fraternidad-Muprespa realizou un grande esforzo, ao igual que o resto de mutuas, para poder tramitar todas as solicitudes nun tempo récord, tarefa á que destinou os seus recursos tanto humanos coma informáticos.

Cómpre salientar a rapidez coa que se levaron a cabo estes trámites, pois en apenas seis semanas se dispuxo de todos os mecanismos necesarios para que un traballador autónomo puidese presentar a súa solicitude dende calquera dispositivo electrónico. Na urxente tramitación interviñeron máis de 600 empregados da Mutua.

Do total de 141.374 prestacións aboadas, 99.222 eran por Cesamento de Actividade, por un importe de 61.450.853,93 euros, mentres que 42.152 o foron por descenso dos ingresos, o que supuxo un total de 28.211.877,67 euros.

Andalucía (40.115), Comunidade de Madrid (19.262) e Castela-A Mancha (13.713) foron as rexións nas que máis prestacións se tramitaron.

Segundo o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o importe total aboado por todas as Mutuas a traballadores autónomos foi de 1.320,60 millóns de euros, despois de aprobarse o 96,94% das solicitudes tramitadas.     

Todos os autónomos que estean dados de alta na Seguridade Social e resultaran afectados polo peche dos seus negocios debido á declaración do estado de alarma poden solicitar a prestación extraordinaria por cesamento de actividade. Tamén aqueles cuxa facturación experimentara un descenso do 75% respecto á media dos seis meses anteriores ao mes que a soliciten.

¿Te ha resultado útil?