ALBACETE (28 OUTUBRO) - XORNADA TÉCNICA: "LA PREVENCIÓN EN LA EMPRESA:

General
Autor
Fraternidad-Muprespa

Dentro das actividades programadas en relación coa exposición itinerante ""TRABAJO Y SALUD. DESDE LA PROTECCIÓN A LA PREVENCIÓN"", situada actualmente na sede da Delegación da Xunta de Comunidades de Castela- A Mancha en Albacete (Antigua Fábrica de Harinas - Paseo da Cuba, 27 - Albacete), Fraternidad Muprespa, xunto coa Fundación Largo Caballero e a JCCM (Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha) organizan, nese mesmo lugar, o próximo xoves 28 de outubro a xornada técnica "La prevención en la empresa: implantación actual y novedades legislativas".

A Xornada dará comezo ás 17:30 h cunha visita guiada á Exposición.

Cómpre salientar a participación de D. Miguel Hernández Albadalejo, xefe de sección do Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da JCCM, quen falará  da nova Lei de promoción da seguridade e saúde no traballo de Castela- A Mancha, aprobada o pasado 21 de outubro; esta lei, pioneira en España,  afonda na promoción da formación en prevención de riscos laborais e aborda medidas destinadas a incentivar a adopción de hábitos e comportamentos preventivos nos que pretendan obter subvencións públicas ou asinar contratos coa Administración da Xunta de Castela- A Mancha.

Dona M.ª José López Ortega, xefe da Inspección de Traballo en Albacete, tratará o tema da función asesora da inspección en materia de prevención.


Datos do evento:

Motivo: Xornada técnica “La prevención en la empresa: implantación actual y novedades legislativas”
Data: Xoves, 28 de outubro de 2010.
Lugar: Paseo de la Cuba, 27 (Antigua Fábrica de Harinas). Albacete.

Descargar  Programa da xornada (inclúe a tarxeta de solicitude de asistencia ao evento)
Descargar  Tríptico de presentación da exposición
Acceder Situación da exposición
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Te ha resultado útil?