
CELEBROUSE EN ZARAGOZA A XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA
O pasado martes, 12 de abril, na delegación da Mutua Fraternidad Muprespa en Zaragoza, celebrouse unha xornada informativa sobre o Real Decreto 404/2010 do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinestralidade laboral. Tratáronse detidamente os trámites necesarios para realizar as solicitudes da campaña 2010, incidindo especialmente nas posibilidades que ofrece o Extranet de Fraternidad Muprespa.
As xornadas, dirixidas a colaboradores, asesorías e empresas asociadas, rexistraron unha importante afluencia que completou o aforamento da sala de cursos da delegación.
A xornada foi presentada por Dª. Eva Ramón Arbués, Directora Provincial en Zaragoza, contou coa presenza de D.Carlos Luis Sáez De Juan, Director Territorial, e como relator actuou D.José Luis Fernández Medina, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"