
ENQUISAS DE CALIDADE DA MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA. GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN
Na antesala do Día Mundial da Calidade, dende Fraternidad-Muprespa lanzáronse dúas enquisas. Na primeira delas, preguntábase se realizar o traballo con calidade axuda ou non a unha empresa a diferenciarse da competencia; a resposta foi contundente, pois o 91% dos votantes opinaron que si.
Na segunda enquisa, onde se consultaba sobre a importancia de coñecer a opinión dos clientes, as respostas foron dispares; se ben a maioría das persoas que expresaron a súa opinión consideran necesario coñecer a satisfacción dos clientes, non hai unanimidade sobre como aproveitar o coñecemento que achega a unha empresa saber as necesidades, expectativas e percepcións dos seus clientes.
En Fraternidad-Muprespa apostamos pola calidade, como queda reflectido na nosa misión e valores.
- 1.ª Enquisa: 462 votacións
- 2.ª Enquisa: 100 votacións