
ÉXITO NA PRESENTACIÓN DO PORTAL DO EMPRENDEDOR EN GUADALAXARA
O día 23 de novembro, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa realizou en Guadalaxara unha xornada sobre "O papel das mutuas no emprendemento: presentación do novo portal para emprendedores de Fraternidad-Muprespa".
O acto foi presentado por Javier Arriola Pereira, secretario xeral de CEOE-CEPYME de Guadalaxara, quen deu a benvida aos presentes agradecéndolles a boa acollida que tivo este evento e, a continuación, deu paso aos relatores.
Luis Carnicero de la Cámara, vicealcalde do Concello de Guadalaxara, destacou o pracer de participar nunha xornada para o emprendemento e comentou que "ser emprendedor é unha actitude de vida. Guadalaxara destaca polo seu tecido empresarial e polo seu volume de emprendedores". Tamén fixo partícipe ao auditorio das accións que dende o concello teñen previstas, co fin de promover e cooperar co emprendemento.
A seguinte intervención realizouna Lola Merino Chacón, presidenta nacional de AMFAR, quen destacou que "o 54 por cento de mulleres emprenden no medio rural, de feito ,370.000 mulleres emprenderon en época de crise”. “Hoxe en día as mulleres están máis preparadas e mellor formadas”.
Natalia Fernández Laviada, subdirectora de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa, explicou en que consiste o novo portal do emprendedor da Mutua e engadiu que "servirá de axuda a todos os que queiran iniciar un proxecto de empresa”.
O Portal do Emprendedor, incluído no noso web corporativo, consta de cinco seccións: Emprende, Seguridade Social e Mutua, Axudas económicas, Prevención e Actualidade.
A clausura da xornada correu a cargo de Eduardo Sanz Murillo, director territorial Meseta Sur, e deu as grazas aos relatores e aos asistentes pola súa presenza na xornada, esperando que este novo portal da Mutua, Fraternidad-Muprespa axude aos autónomos e empresarios a fomentar o emprego.