Fraternidad-Muprespa celebra a súa V Semana da Prevención

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa celebra a súa quinta semana da prevención arredor do 28 de abril de 2020, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.

Nos momentos que vivimos pola pandemia da COVID-19, a Organización Internacional do Traballo, e nós como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, queremos axudarlle a que todos, e en especial os traballadores, coñezan todas as medidas de prevención necesarias. Este ano, o lema da OIT é “Deteñamos a pandemia: a seguridade e saúde no traballo pode salvar vidas”.

A quinta semana da prevención de Fraternidad-Muprespa promulga o seguinte lema: Máis ca nunca, seguridade e saúde no traballo: Por ti primeiro e por todos os teus compañeiros”, onde imos incidir na seguridade dos traballadores e na dos que os rodean.

Presentamos unha serie de produtos que lle axudarán a sentirse máis seguro no traballo. Entre eles, contidos especiais COVID-19 integrados no portal específico de prevención Previene; infografía con dez pasos imprescindibles para a incorporación ao traballo; consellos para afrontar o teletraballo e unha serie de pequenos vídeos diarios con temáticas de plena actualidade, entre outros.

Coma sempre, seguimos mantendo o noso itinerario de saúdeCamiñado cara ao benestar” e a “Aula online de prevencióncon cursos de moi variadas temáticas que pode aproveitar para realizalos neste tempo de confinamento.

Este ano, a quinta semana da prevención témola que realizar doutro xeito, dun xeito virtual, pero queremos transmitirlle que a Mutua está para axudar, xestionar e previr co fin de termos menos accidentes, porque a seguridade sempre é o primeiro.

O próximo ano volveremos asacar a prevención de riscos laborais á rúa”.

¿Te ha resultado útil?