FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SANTANDER O PASADO 11 DE MAIO UNHA XORNADA SOBRE A REFORMA LABORAL

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado venres 11 de maio a Mutua Fraternidad-Muprespa en colaboración coa Facultade de Dereito da Universidade de Cantabria, celebrou en Santander unha "Xornada sobre a reforma laboral, tendencias reformadoras na Seguridade Social e a nova Lei da xurisdición social".

D. Ignacio Carreras Agenjo, director provincial de Cantabria de Fraternidad-Muprespa realizou a apertura e inauguración da xornada.

A xornada contou coa participación de D. David Lantarón Barquín, profesor titular da Facultade de Dereito da Universidade de Cantabria, que versou a súa intervención sobre "A permanente reforma laboral: especial atención ao RD-Lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral".

D. Javier Orcaray Reviriego, xefe de Relacións Laborais da Dirección Xeral de Traballo do Goberno de Cantabria, interveu co relatorio "Tendencias reformadoras da nosa Seguridade Social, actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social.

Por último Dª. Mercedes Sancha Sáiz, maxistrada da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, disertou sobre "A nova Lei reguladora da xurisdición social".

Clausurou a xornada Dª. Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Organización e Rede de Fraternidad-Muprespa.

O acto congregou máis de150 profesionais, entre colaboradores, empresarios e graduados sociais.

¿Que te ha parecido el contenido?