FRATERNIDAD-MUPRESPA DA CORUÑA FAI ENTREGA DE ALIMENTOS E ROUPA Á INSTITUCIÓN BENÉFICO SOCIAL PADRE RUBINOS

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa na Coruña organizou polo Nadal unha Campaña Solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros e roupa.  O pasado 10 de xaneiro púxose fin a esta campaña procedendo á entrega dos recursos solidariamente entregados.

A entrega efectuárona Alejandro Lamelo Garrido, director provincial, e Javier Eibe Suárez, adxunto á Dirección Provincial nas instalacións da Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Foron recibidos polo presidente da institución, Eduardo Acea García, e por membros da xunta directiva. Estes agradeceron a todos os empregados de Fraternidad-Muprespa da Coruña a súa colaboración nesta campaña solidaria.

A Institución Benéfico Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como Padroado da Caridade, o día 19 de abril de 1918; non obstante, ten os seus antecedentes nunha institución creada polo alcalde D. Manuel Casas Fernández en 1913.

Dende Fraternidad-Muprespa, queremos fomentar todo tipo de proxectos de desenvolvemento dirixidos á sociedade e, en concreto, cara ás persoas máis desfavorecidas. 

¿Te ha resultado útil?