Fraternidad-Muprespa mantén no seu portal Web toda a información actualizada sobre a COVID-19

General
Autor
Fraternidad-Muprespa
Población
Madrid

Ante a situación que presenta a infección polo coronavirus, todos os actores implicados debemos colaborar en enviar unha mensaxe de tranquilidade, aínda que debemos estar alerta e cumprir todas as recomendacións que nos indican os organismos responsables.

No noso portal Web corporativo fraternidad.com encontrará un contido con todos os protocolos e as súas actualizacións, consellos que teñen que ver coa saúde e, como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, as indicacións para a tramitación da prestación que o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións nos encomendou con carácter de excepción.

Ademais da documentación oficial, temos uns vídeos explicativos do lavado de mans, tan necesario para axudar a non expandir o virus, e unha infografía explicativa do mesmo procedemento para a súa información e difusión.

Todos debemos ser conscientes da repercusión que ten a declaración do actual brote da COVID-19 e as súas medidas de emerxencia e, como Mutua, a nosa misión encoméndanos restablecer a saúde dos traballadores das nosas empresas asociadas e proporcionar as prestacións económicas coa mellor atención e garantía.

Se desexa acceder ao contido, pode facer clic aquí.

¿Te ha resultado útil?