
FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NO FORO DE INTELIXENCIA DIXITAL 2015
O pasado 21 de maio, a consultora Interban organizou o Foro de Intelixencia Dixital, un evento anual que se celebra en Madrid e Barcelona, ao que acoden profesionais do mundo das finanzas, da comunicación e da informática. Esta xornada ten a finalidade de mellorar a xestión das entidades grazas á axuda das tecnoloxías da información.
D. Esteban Mate, director de Organización e Planificación de Fraternidad-Muprespa, ademais de asistente, impartiu un relatorio sobre a "Xestión da rendibilidade con ferramentas BI " acerca do potencial que teñen as organizacións para mellorar a súa rendibilidade se explotan adecuadamente os datos que procesan.
Na Mutua Fraternidad-Muprespa temos unha aposta decidida pola tecnoloxía que se transforma nun compromiso sólido cara aos nosos mutualistas, tratando de ofrecer os mellores sistemas de información ás nosas empresas asociadas, aos seus traballadores protexidos, aos traballadores autónomos e aos nosos colaboradores.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"