
FRATERNIDAD-MUPRESPA RECIBE O SELO MADRID EXCELENTE
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, recibiu o selo “Madrid Excelente” pola súa aposta pola innovación e a mellora continua, a confianza dos seus asociados e a contribución activa ao desenvolvemento social.
Este certificado é a marca do Goberno da Comunidade Madrileña para recoñecer e certificar a calidade e a excelencia en xestión das empresas. Analízase a calidade global das empresas e o investimento dos seus recursos co fin de superarse e mellorar.
O acto de entrega da distinción tivo lugar o día 10 de marzo na sede central de Fraternidad-Muprespa en Madrid, praza de Cánovas del Castillo, 3.
Por parte da Mutua estiveron presentes no acto D. Carlos Aranda Martín, director xerente, Dª Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación, así como a directora de Calidade, Dª Elena Iglesias Delgado de Torres e Dª Alejandra Polacci, directora xeral de Madrid Excelente.
Carlos Aranda declarou tras recibir a distinción que “Fraternidad-Muprespa está comprometida no seu camiño cara á Excelencia na xestión e no servizo prestado aos traballadores das nosas empresas mutualistas. A Misión de la Mutua é restablecer a saúde dos traballadores das nosas empresas asociadas e proporcionar as prestacións económicas coa mellor atención e garantía. Estamos orgullosos de que a nosa Entidade fose avaliada satisfactoriamente pola Comunidade de Madrid, nos diferentes criterios de Excelencia, Responsabilidade Corporativa e Confianza dos clientes, o que abrangue a totalidade da nosa organización”.
Alejandra Polacci deu os parabéns a todos os traballadores que forman Fraternidad-Muprespa, porque "son os equipos, os que co seu traballo diario, fan que a Mutua conseguira o selo de Madrid Excelente".
A Entidade tamén renovou recentemente os Sistemas de Xestión da Calidade e o Sistema de Xestión Ambiental en centros asistenciais.
A vinculación de Fraternidad-Muprespa a Madrid é de 86 anos, pouco despois da súa fundación en 1929. Na década dos 70 empeza a súa expansión e no ano 1973 inaugúrase o seu hospital central sito no paseo da Habana, que nestes momentos se encontra en fase de nova construción, co fin de ofrecer un mellor servizo e unha edificación máis eficiente e de calidade.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"