GRAN DEBATE SOBRE CONSTRUCIÓN SANITARIA

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade, participou o día 5 de outubro en Madrid  no “Gran debate de construción e xestión sanitaria” que organizou o Grupo Vía.

D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información e Servizos de Fraternidad-Muprespa, interveu cun relatorio titulado "Certificación LEED do Hospital do Paseo da Habana".

No seu relatorio, describiu o modelo LEED (Leadership in Energy and Environmental Design), que recoñece a excelencia no deseño e construción de edificios dende un punto de vista ambiental e de eficiencia enerxética. Fraternidad-Muprespa aspira a certificar o novo hospital que está a construír en Madrid e convertelo na maior referencia LEED na categoría hospitalaria do noso país.

Ademais, Fraternidad-Muprespa pretende que o futuro hospital sexa innovador en atención, información e equipamento; accesible, para o cal está a traballar co modelo DIGA (Distintivo Indicador do Grao de Accesibilidade); seguro para os pacientes, acompañantes e profesionais en todos os ámbitos; funcional, polo deseño dos seus servizos; moderno, cun uso intensivo das tecnoloxías da información e as comunicacións, á vez que na prestación dos servizos; e certificado en distintos sistemas de xestión e, por suposto, en LEED.

A xornada contou coa presenza doutros profesionais tanto no ámbito da xestión coma do ámbito da construción, coa presenza de diferentes estudios de arquitectura, o que xerou un animado debate.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?