II Marcha pola prevención en Lugo

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Dentro dos actos enmarcados na Semana da prevención de Fraternidad-Muprespa, en Lugo organizouse a II Marcha pola Prevención de Lugo: a xornada iniciouse cunha charla da fisioterapeuta da Mutua, Lucía Rodríguez-Lorasque, sobre as bondades de realizar unha actividade física, como é o camiñar, e sobre todo nunha cidade como Lugo, onde a contorna que rodea á cidade se presta de forma especial para iso.

Unha vez que os asistentes comprenderon o positivo da actividade, cheos de ilusión, iniciaron unha ruta de 5,4 quilómetros polo paseo do río Miño ata a localidade de Conturiz, onde un autobús os recolleu para devolvelos ao punto de saída.

Os asistentes gozaron da magnífica contorna malia a climatoloxía adversa e chegaron ao destino con ganas de prolongar a ruta.

Queremos agradecer dun xeito especial neste ano 2017, que en Fraternidad-Muprespa o declaramos como o ano da INTEGRACIÓN  das persoas con discapacidade, a Obra social das Fillas da Caridade “Centro Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente de Paúl” pola colaboración na xornada na participación na camiñada de cinco dos seus alumnos, que nos alegraron o paseo coa ilusión que demostraron en todo o traxecto.

“Amar alguén non significa  facer algo por el, senón axudalo a descubrir a  beleza e a súa propia orixinalidade, a luz que esconde e o sentido da súa vida.”

 

¿Te ha resultado útil?