II Semana da Prevención de Fraternidad-Muprespa

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Por segundo ano, Fraternidad-Muprespa organiza a súa “II Semana da prevención” coincidindo co 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo. Este ano propúxose presentar a prevención de riscos aos que serán os “traballadores do futuro”.

A Mutua quixo levar a “cultura preventiva á escola”, a profesores e tamén aos alumnos, os nenos de hoxe serán os futuros traballadores e empresarios do mañá, os que incorporen no seu interior o valor da PREVENCIÓN de forma inconsciente e, polo tanto, o leven á práctica de forma natural. Ademais, ao colectivo de profesores reforzaráselles en ensinanzas en materia de prevención de riscos laborais.

Realizaranse actividades en 156 colexios onde se prepararon charlas de prevención, de primeiros auxilios e concursos de debuxos preventivos. Formación para profesorado e alumnos, de concienciación para evitar os accidentes laborais.  

Outras actividades que conforman a semana da prevención son: Carreira popular, marchas pola prevención, postos informativos, solta de globos conmemorativos, exposición de carteis antigos de prevención nalgúns dos nosos centros e no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, talleres prácticos de primeiros auxilios, escola de voz, charlas de prevención, actividades formativas, etc. Estas e moitas actividades máis, ata completar outras 137 en todo o territorio nacional. Sempre cun carácter amable e de concienciación pola seguridade e saúde laboral, labor no que as Mutuas deben participar activamente.

O acto principal terá lugar en Madrid (hotel Urban) o día 28 de abril ás 11:30 horas coa entrega dos V Premios Escolástico Zaldívar 2804 á seguridade e a saúde no traballo.

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo promove a prevención dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais en todo o mundo. É unha campaña de sensibilización destinada a centrar a atención sobre a magnitude do problema e sobre como a creación e a promoción dunha cultura de seguridade e saúde pode axudar a reducir o número de accidentes relacionadas co traballo

¿Te ha resultado útil?
Vote up!

Puntos: 1

You voted ‘up’