Infografía y Dosier de Fraternidad-Muprespa como ayuda para planificar la vuelta al trabajo

Novedad
Autor
Fraternidad-Muprespa

Infografía e Informe de Fraternidad-Muprespa como axuda para planificar a volta ao traballo

Fraternidad-Muprespa preparou dentro dos seus contidos específicos dedicados ao coronavirus no seu portal web Previene un novo espazo titulado: "10 consellos breves para planificar a volta ao traballo".

O obxectivo é axudar aos nosos mutualistas que teñan que reiniciar a súa actividade unha vez finalizado o permiso retribuído obrigatorio,  producíndose a volta das actividades non consideradas como esenciais que o Goberno decidiu hibernar no decreto aprobado o pasado 29 de marzo, principalmente a construción e o sector industrial, volvendo así ao escenario inicial do estado de alarma.

Dende a nosa Mutua elaboramos unha nova infografía e un informe titulados: "10 consellos breves para planificar a volta ao traballo". Con estes documentos queremos axudar ás nosas empresas que reinicien a súa actividade a procurar unha volta segura ao traballo, fundamentalmente naquelas que non dispoñan de Servizo de Prevención, xa que estes servizos, e o resto de modalidades preventivas das empresas, determinarán as medidas necesarias para traballar en condicións seguras. Para a súa elaboración utilizouse como referencia o documento elaborado polo Ministerio de Sanidade: "Guía de boas prácticas nos centros de traballo".

Fraternidad-Muprespa, como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, quere axudarche na xestión diaria da crise e, por iso,  ofrecémosche toda a información actualizada a ámbito lexislativo, así como as guías de actuación e procedementos preventivos sobre a COVID-19 procedentes de fontes e organismos oficiais que pode resultarche de utilidade coñecer nestes momentos.

Ademais propoñémosche o noso: "Desafío #QuédateEnCasaFM", xa que mentres dure o confinamento queremos ofrecerche información audiovisual para axudarche a seguir coidando da túa saúde con tres retos nos que che damos información sobre benestar psicolóxico, exercicio físico e alimentación. Consulta aquí toda a información.

 

¿Te ha resultado útil?
Vote down!

Puntos: -1

You voted ‘down’