AS MUTUAS: SECTOR RELEVANTE EN ECONOMÍA E XESTIÓN SANITARIA

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

A prestixiosa Universidad de Cantabria vén dirixindo dende o ano 2007 un máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios e Sociais. Por sexto ano consecutivo, contou coa participación da Mutua Fraternidad-Muprespa.

Natalia Fernández Laviada, subdirectora de Prevención, Calidade e Comunicación de Fraternidad-Muprespa,  impartiu un interesante relatorio o pasado venres 28 de outubro, cunha clara orientación profesional sobre este sector tan importante na economía e xestión sanitaria do que é gran coñecedora: as mutuas.

Na súa exposición, realizou un percorrido teórico sobre o sector das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e explicou con gran luxo de detalles que son  as mutuas e as súas achegas a través das empresas asociadas á Seguridade Social. Tamén fixo referencia ás cifras máis relevantes do sector, así como ao volume de negocio, ao marco legal, a xestión e control dos accidentes de traballo e continxencias comúns, respectivamente, e finalizou coa xestión preventiva das mutuas.

Un relatorio acorde co fin que a Universidad de Cantabria persegue coa oferta formativa de estudos propios. Un ensino especializado que favoreza o perfeccionamento profesional.

Unha vez máis, Fraternidad-Muprespa continúa a súa aposta pola formación, a transparencia e a colaboración con diferentes organismos e entidades.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?