
TIVO LUGAR EN TARRAGONA UNHA XORNADA INFORMATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA
Onte mércores, día 4 de maio, Fraternidad Muprespa organizou unha Xornada Informativa para empresas e colaboradores, que contou cunha ampla asistencia de empresas e colaboradores da provincia de Tarragona.
A xornada foi presentada e moderada por D. Carlos Sáez de Juan, director territorial de Cataluña e Aragón, quen destacou o compromiso de proximidade que ten Fraternidad-Muprespa coas súas empresas e colaboradores, así como a importancia que ten para a mutua a recente posta en marcha do seu Plan Estratéxico.
Seguidamente, foi presentado D. Eduardo Castro Pérez, director do Departamento de Prestacións Económicas, quen informou amplamente sobre as prestacións por risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural, cesamento de actividade dos traballadores autónomos e, por último, a prestación por coidado de menores afectados por cancro ou enfermidade grave.
Seguidamente, D. Arturo Jesús Ortega de Pablo, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, explicou os requisitos necesarios para acceder ás bonificacións profesionais do RD 404/2010 (Bonus) e as vantaxes de solicitalas, anualmente, ademais de aconsellar o uso da extranet da mutua para facilitar o seu trámite.
Finalmente, interveu D. Sergi Frontons Isern, director do Departamento de Desenvolvemento Mutual, quen expuxo as características e vantaxes que ofrece a extranet de Fraternidad Muprespa a colaboradores e empresas.
Concluíu a xornada D. Carlos Sáez de Juan, co agradecemento aos asistentes pola súa presenza e participación, e poñendo de manifesto a vontade que ten Fraternidad Muprespa en dar continuidade a este tipo de actos.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"