¡XA PODE DESCARGARSE A REVISTA "LA MUTUA"!
¡XA PODE DESCARGARSE A REVISTA "LA MUTUA"!
Dende hai xa algún tempo FM está a publicar a revista "La Mutua"; esta revista ten por obxectivo cubrir cos seus artigos o campo da saúde laboral e a prevención de riscos no traballo, tentando crear escenarios de reflexión e análise sobre os aspectos máis significativos que, na actualidade, están a preocupar á comunidade de profesionais que se dedican a este mester.
Vista a aceptación que ten a revista e dadas as numerosas solicitudes de exemplares por parte de empresas e interesados nas materias que se tratan, FM pensou na posibilidade de facela máis accesible aos seus lectores. Por iso, a partir de agora, dende esta Web ofrecerase cada un dos artigos da revista en formato electrónico (pdf, Adobe® Portable Document Format) para que vostede poda lelos.