Xornada técnica sobre nanotecnoloxías realizada en Xaén

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado 18 de maio, a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, Fraternidad-Muprespa, participou nunha interesante xornada organizada polo Centro de Prevención de Riscos Laborais de Xaén sobre o "O universo nano- Parte I. Nanotecnoloxías dende a prevención".

A xornada estivo dirixida principalmente a técnicos de prevención de riscos laborais da provincia, co obxecto de dar a coñecer as claves básicas e saber como afrontar o reto preventivo que as novas tecnoloxías nos formulan hoxe en día.

Manuel Soriano Serrano, director do Centro de Prevención de Riscos Laborais de Xaén, presentou a xornada e a relatora, agradecendo a todos os presentes a súa asistencia.

A continuación, Carmen Alvarado Escolano, técnica superior en Prevención de Riscos Laborais da Mutua, desenvolveu un relatorio no que explicou que é a nanotecnoloxía, achegando exemplos, curiosidades e aplicacións desta. Tamén comentou os dez avances máis impactantes do pasado, así como cinco novas tecnoloxías emerxentes; por último, insistiu na importancia da prevención e de xerar ámbitos seguros.

Ao seu termo, os asistentes valoraron moi positivamente esta xornada.

¿Te ha resultado útil?