AEPD Pacto Digital

Pacto Dixital para a protección das persoas

O Pacto Dixital para a protección das persoas está promovido pola aAxencia Española de Protección de Datos (AEPD) e pon en valor a privacidade como un activo para as organizacións públicas e privadas.

Axencia Española de Protección de Datos

Componse de tres documentos:

1. Carta de Adhesión:

Onde nos comprometemos coas persoas, a través do dereito fundamental á protección dos seus datos e a súa privacidade, tanto dos nosos clientes coma dos nosos empregados cun uso responsable e ético das tecnoloxías, co fin de promover, dende o noso ámbito, todas as iniciativas para conseguir o obxectivo fixado pola AEPD. Como compromiso adicional, difundimos a Canle prioritaria, ademais doutros recursos e ferramentas que a Axencia lanzou para axudar á sensibilización sobre o valor da privacidade e a importancia do tratamento dos datos persoais, tamén no ámbito laboral.

2. Compromiso pola responsabilidade no ámbito dixital:

Contén as obrigas das organizacións. Este compromiso precisa un compromiso específico e axustado ao ámbito dixital.

  • Obriga de informar os nosos clientes, pacientes, provedores e empregados sobre o tratamento dos seus datos e o exercicio dos seus dereitos, descrito na nosa política de privacidade.
  • Responsabilidade administrativa por infracción da protección de datos, que poderá derivar en responsabilidade civil ou penal. Para maior coñecemento, ver a guía: A protección de datos nas relacións laborais.
  • Responsabilidade disciplinaria por infracción no ámbito laboral para a empresa e empregados/as: en materia de relacións laborais, en materia de prevención de riscos laborais e en materia de igualdade.
  • Compromiso coa innovación, a protección de datos e a ética: a intelixencia artificial, como unha parte da ética dixital, persegue protexer valores como a dignidade, a liberdade, a igualdade, a autonomía persoal e a xustiza fronte ao goberno dun razoamento mecánico. 

3. Decálogo de boas prácticas en privacidade para medios de comunicación e organizacións con canles de difusión propias:

Co que se quere promover a loita contra a violencia dixital tanto en medios de comunicación coma con todas aquelas organizacións que dispoñen de canles de difusión para informar sobre temas de interese para os seus públicos. Entre os puntos do decálogo, que todas as entidades asinantes se comprometeron a respectar, inclúese que como adheridos nos absteremos de identificar as vítimas da difusión de contidos sensibles ou de publicar información da que, con carácter xeral, se puidese inferir a súa identidade cando se trate de persoas sen relevancia pública. Para este tipo de denuncias, existe a Canle Prioritaria, onde ti tamén podes paralo #PuedesPararlo

Canle Prioritaria

 

¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: -5