Parte médico de confirmación de baixa

Os partes médicos de confirmación da baixa, derivada de continxencias comúns ou profesionais, serán expedidos por:
  • O correspondente facultativo do Servizo Público de Saúde. Estes partes estenderanse:
    • Ao 4° día do inicio da situación de incapacidade e, mentres esta se manteña, cada 7 días a partir do primeiro parte de confirmación, se a incapacidade deriva de continxencias comúns.
    • Aos 7 días naturais seguintes ao inicio da incapacidade e, sucesivamente, cada 7 días a partir do primeiro parte de confirmación, se a incapacidade deriva dun accidente de traballo ou enfermidade profesional.
    • En cuadriplicado exemplar:
      • O orixinal, destinado á Inspección de Servizos Sanitarios da Seguridade Social ou órgano equivalente do respectivo Servizo Público de Saúde, e a copia a remitir por este, no prazo de 5 días, á Entidade xestora ou á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, deberán conter o diagnóstico, a descrición da limitación na capacidade funcional do traballador que motiva a continuación na situación de incapacidade temporal e a duración probable do proceso patolóxico.
      • As outras dúas copias serán entregadas polo facultativo ao traballador, quen conservará unha copia para el mesmo e remitirá a outra á empresa no prazo de 3 días contados a partir da data da súa expedición. Á súa vez, a empresa remitirá a copia, unha vez cuberta, asinada e selada, á Entidade xestora no prazo de 5 días contados a partir do día da súa recepción, agás que esta asumise o pagamento da prestación en réxime de colaboración voluntaria.
      • Se durante o período de baixa se producise a extinción do contrato, corresponde ao propio traballador presentar ante a Entidade xestora ou a Mutua, no mesmo prazo fixado para a empresa, os partes de confirmación de baixa.
      • O terceiro parte de confirmación, así como os sucesivos partes cunha periodicidade de 4 semanas, deberán ir acompañados dun informe médico complementario, expedido polo facultativo que estenda os partes, no que se recollan as doenzas padecidas, o tratamento prescrito, a evolución das doenzas e a súa incidencia sobre a capacidade funcional, así como a duración probable do proceso.
  • Os servizos médicos da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, cando a causa da baixa médica derive dun accidente de traballo ou unha enfermidade profesional e o traballador preste servizos a unha empresa que teña concertada a cobertura de tales continxencias cunha Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, ou se trate dun traballador por conta propia que, así mesmo, concertase cunha Mutua a cobertura da prestación de incapacidade temporal. Non será necesario remitir, nestes casos, as copias do parte nin á Inspección Sanitaria do correspondente Servizo Público de Saúde, nin á Entidade xestora.