
ACCIDENTES DE TRÁFICO E A SÚA PREVENCIÓN, XORNADA EN LINARES
Fraternidad-Muprespa, no seu afán de informar as nosas empresas mutualistas e traballadores, realiza unha serie de xornadas informativas para formalos en todos os ámbitos das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social. Neste caso tratouse sobre “A prevención e os accidentes laborais de tráfico”.
A xornada desenvolveuse o 25 de outubro de 2016 na nosa delegación da cidade de Linares (Xaén).
Ángel Gilabert Ruíz, director provincial de Xaén, recibiu un a un os asistentes agradecendo a súa asistencia, explicoulles ademais o obxectivo deste tipo de xornadas e animounos a seguir participando en próximas convocatorias.
A continuación, Elena Cano García, técnica superior de Prevención Riscos Laborais, desenvolveu a temática da xornada incidindo no deber das empresas para que a prevención sexa integral, ademais recalcou as graves consecuencias do aumento da sinistralidade laboral por accidentes de tráfico, ben in itinere ou en misión.
Ana Belén Chinchilla Rodríguez, da unidade de prestacións de Linares, resolveu as consultas e dúbidas relacionadas coas prestacións que a Mutua xestiona, derivadas deste tipo de accidentes.
A xornada tivo unha grande aceptación polos asistentes, que se implicaron e provocaron un animado debate con preguntas de grande interese que foron resoltas satisfactoriamente polos relatores alí presentes.
Este tipo de reunións está a ser moi ben valorada por todos os asistentes e xa se encontran expectantes para próximas convocatorias da nosa entidade.
Fraternidad-Muprespa sempre está ao servizo dos seus mutualistas, traballadores e grupos de interese.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"