
ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2007
ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2007
A Orde TAS/3623/2006 do 28 de novembro do 2006 pola que se regulan as actividades preventivas no ámbito da Seguridade Social e o financiamento da Fundación para a Prevención de riscos laborais establece que as mutuas poderán desenvolver actividades de prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais a favor das empresas asociadas e dos seus traballadores e tamén para os traballadores por conta propia adheridos a elas que teñan cubertas estas continxencias.
O marco destas actuacións permitidas ás mutuas en materia de prevención de riscos laborais, desenvolvido pola Resolución do 2 de abril, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se determinan as actividades preventivas a realizar polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social durante o ano 2007, conta, entre outras, con actividades destinadas á divulgación, educación e sensibilización das empresas en prevención de AT e EP.
A oferta educativa 2007 publicada, forma parte das actividades de asesoramento en materia de Prevención de Riscos Laborais que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da Seguridade Social.
Esta programación do 2007 está dirixida preferentemente a pequenas empresas e a empresas e sectores cos maiores indicadores de sinistralidade, aos seus traballadores dependentes e aos traballadores por conta propia adheridos que teñan cubertas as continxencias profesionais, a fin de promover unha cultura preventiva, que garanta no desenvolvemento do traballo un comportamento seguro, a correcta utilización de equipos de traballo e de protección colectiva e individual, así como fomentar o interese e cooperación na acción preventiva no seo da súa empresa para que, tanto os mandos como os traballadores, asuman que a prevención de riscos laborais é esencial para o logro dun traballo ben feito.
A realización por parte da empresa de calquera das accións que contén a Oferta Educativa non substitúe a formación que o empresario está obrigado a impartir aos seus traballadores en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais (Art. 19.1).
Tipo de actividades ofertadas:
- XORNADAS MONOGRÁFICAS DE SENSIBILIZACIÓN PARA A PREVENCIÓN DE:
- Risco de caída en altura.
- Caída de obxectos por derrubamento.
- Contactos con elementos móbiles das máquinas.
- Golpes ou cortes por obxectos, ferramentas ou equipos.
- Sobreesforzos.
- Atrapamento ou esmagamento (xa sexa por obxectos ou por equipos de traballo).
- Sector Industria
- Sector Servizos
- Sector Agrario
- Sector Construción
- Sectores do Anexo da Resolución do 2 de abril de 2007
- Coordinación de Actividades Empresariais
- Recursos Preventivos
- Medios de Coordinación
XORNADAS DE FORMACIÓN DE TRABALLADORES DESIGNADOS.
XORNADAS SOBRE SISTEMAS DE XESTIÓN DA PREVENCIÓN.
XORNADAS SOBRE ANÁLISE DE SINISTRALIDADE NA EMPRESA.
XORNADAS SECTORIAIS DE DIVULGACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS POR ACTIVIDADE: