ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2008
A Orde TAS/3623/2006 do 28 de novembro do 2006 pola que se regulan as actividades preventivas no ámbito da Seguridade Social e o financiamento da Fundación para a Prevención de riscos laborais establece que as mutuas poderán desenvolver actividades de prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais a favor das empresas asociadas e dos seus traballadores e tamén para os traballadores por conta propia adheridos a elas que teñan cubertas estas continxencias.
O marco das devanditas actuacións permitidas ás mutuas en materia de prevención de riscos laborais conta, entre outras, con actividades destinadas á divulgación, educación e sensibilización das empresas en prevención de AT e EP.
A oferta educativa 2008 publicada, forma parte das actividades de asesoramento en materia de Prevención de Riscos Laborais que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da Seguridade Social.
Esta programación do 2008 está dirixida preferentemente a pequenas empresas e a empresas e sectores cos maiores indicadores de sinistralidade, aos seus traballadores dependentes e aos traballadores por conta propia adheridos que teñan cubertas as continxencias profesionais, a fin de promover unha cultura preventiva, que garanta no desenvolvemento do traballo un comportamento seguro, a correcta utilización de equipos de traballo e de protección colectiva e individual, así como fomentar o interese e cooperación na acción preventiva no seo da súa empresa para que, tanto os mandos como os traballadores, asuman que a prevención de riscos laborais é esencial para o logro dun traballo ben feito.
A realización por parte da empresa de calquera das accións que contén a Oferta Educativa non substitúe a formación que o empresario está obrigado a impartir aos seus traballadores en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais (Art. 19.1).
- Tipo de actividades ofertadas:
- Prevención de risco de caída en altura.
- Boas prácticas na manipulación de produtos químicos.
- Boas prácticas nos traballos eléctricos.
- Seguridade e saúde no posto de traballo.
- Educación preventiva para evitar o sobreesforzo.
- Factores psicosociais e tensión.
- Educación preventiva para situacións de emerxencia.
- A prevención e os accidentes laborais de tráfico.
- Sector Servizos
- Sectores do Anexo da Resolución do 2 de abril de 2007
XORNADAS MONOGRÁFICAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE:
XORNADAS SOBRE SISTEMAS DE XESTIÓN DA PREVENCIÓN
XORNADAS SECTORIAIS DE DIVULGACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS POR ACTIVIDADE:
XORNADAS PARA A MELLORA E INTEGRACIÓN DA PREVENCIÓN NA EMPRESA: Medios de Coordinación
- CALENDARIO DE ACTIVIDADES DA OFERTA EDUCATIVA 2008
