FRATERNIDAD-MUPRESPA COMPROMETIDA CO ENVELLECEMENTO ACTIVO SAUDABLE

Novedades
Autor
Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa ten entre as súas premisas informar as empresas, autónomos, colaboradores e resto de grupos de interese sobre aspectos relacionados coa saúde laboral. É un paso máis para manter unha poboación activa sa, sexa cal for o seu tramo de idade, para así contribuír a minimizar a sinistralidade presente e futura.

Na xornada de envellecemento activo que se realizou o 21 de outubro de 2016 na Rioxa, Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Prevención, Calidade e Comunicación, incidiu na importancia de xuntar todos os esforzos posibles para conseguir que o envellecemento da poboación laboral sexa un reto atractivo e sinxelo de afrontar, e que se converta nunha necesidade que se aborde con seguridade, dende todas as partes implicadas. Tamén aconsellou catro puntos de apoio imprescindibles para conseguir que a súa empresa sintonice cun persoal saudable en calquera tramo de idade.

Os asistentes puideron coñecer prácticas e técnicas orientadas a fortalecer a capacidade de traballo das persoas maiores identificando os factores que forman parte da contorna laboral habitual para este grupo de traballadores.

Explicouse o éxito de conciliar, a contorna psicosocial do traballador cos recursos de saúde e facilitáronse interesantes medidas aplicables nas empresas.

Non podemos esquecer que a nosa razón de ser son as empresas e os traballadores, e que o número de ocupados con máis de 65 anos creceu un 28% nos dous últimos anos. Existen na actualidade 162.600 persoas, entre traballadores por conta propia e asalariados, dentro deste colectivo.

Nunca antes houbo tantos maiores activos, aínda que tampouco houbo tantos españois con idade para xubilarse. España é o país da CEE coa taxa de ocupación máis baixa entre os maiores de 65 anos.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
¿Que te ha parecido el contenido?